Ir o contido principal

III Curso de Formación do Profesorado de Química das Ensinanzas non Universitarios

24.01.2020-25.01.2020 | 18.00h-19.30h

CIQUS
CIQUS

60 profesores de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional converteranse durante dous días en alumnos do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares ( CiQUS) e da Facultade de Química. Esta acción formativa enmárcase nas distintas estratexias promovidas por estes centros para “facilitar puntos de encontro entre os docentes de Química de todos os niveis educativos e colaborar na formación continua”, en palabras do coordinador del curso, Diego Peña Gil. Ao longo de dúas xornadas intensivas, os responsables do curso presentarán os últimos avances no mundo da química a nivel global, sinalando as aproximacións máis punteiras que se están desenvolvendo en investigación para dar resposta ás necesidades da sociedade.

Os ‘ súper poderes’ da química, gastronomía molecular, nanotecnoloxía, táboa periódica interactiva, sustentabilidade, divulgación, exemplos de boas prácticas ou a realidade virtual son algúns dos ‘ganchos’ que utilizarán os profesionais do  CiQUS e da Facultade de Química para atraer o interese durante as dúas xornadas formativas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2020.