Ir o contido principal

Congreso e entrega de premios

III Edición do congreso Innovatia 8.3 e entrega de premios

08.10.2020 | 10.00h

En liña

O concurso e o congreso homónimo están organizados pola USC e o Instituto de la Mujer

Cartel do concurso
Cartel do concurso

A entrega de premios correspondente á III Edición do Concurso Innovatia 8.3 desenvolverase a través dunha sesión que se celebrará en liña por mor da COVID-19, no marco do congreso homónimo. O evento comeza ás 10.00 hora, e a entrega de premios será ás 11.35 horas. 

Innovatia 8.3 promove o emprendemento de base universitaria e liderado por mulleres, baseado no coñecemento e na ciencia. Exemplo deste emprendemento son as empresas convocadas a esta terceira edición tanto na categoría de Empresa de Base Tecnolóxica como de Empresa Startup.

O Congreso  Innovatia 8.3, non pode obviar a situación provocada pola COVID-19 e pretende ser un espazo de reflexión onde valorar o contexto actual, identificar os principais obstáculos e oportunidades e tratar de avanzar solucións innovadoras. “As políticas de reactivación económica deben estar centradas no crecemento inclusivo, e a sustentabilidade ambiental, baseados no diálogo social e a gobernabilidade efectiva e incorporar sistematicamente a perspectiva de xénero”, sinalan dende a organización.

As empresas candidatas ao concurso optarán a dous galardóns. Por unha banda, o premio ao proxecto empresarial de base tecnolóxica dotado con 10.000 euros; e pola outra, o premio a proxecto empresarial Startup dotado con 7.000 euros. En ambos os dous casos, a antigüidade do proxecto empresarial non pode superar os cinco anos. Cada proxecto empresarial participante poderá recibir como máximo un premio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.09.2020.