Evento organizado polo programa Woman Emprende en colaboración a USC e o Concello de Santiago de Compostela

A III Feira de Emprendedoras de Compostela de Woman Emprende terá lugar os días 29 e 30 de outubro e está adicada ás universitarias, mulleres que estudan ou estudaron nas aulas da USC e que contemplan o emprendemento como unha saída laboral, creando tecido empresarial na Comarca de Compostela.
A idea da feira é a de visibilizar ás mulleres e a de poñer en valor a importancia do liderazgo feminino como bo modelo empresarial na actual crise sanitaria, social e empresarial que estamos vivindo.
O evento, ao que podes inscribirte nesta ligazón, pretende ser un punto de encontro para emprendedoras con proxectos innovadores e prestarlles asesoramento necesario para levar á práctica o seu proxecto empresarial, prestando atención ademais á súa formación nos diversos eidos da empresa.
Entre as actividades a desenvolver atópanse entrevistas en directo e retransmitidas por streaming, mesas redondas e de debate. Consulta o programa completo aquí.