Ir o contido principal

'Morrendo en compaña do outro: o teatro de Angélica Liddell'

III Seminario Permanente PERFORMA

03.10.2022-04.10.2022 | 09.30h-13.30h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

A actividade desenvólvese ao abeiro do do Proxecto de investigación PERFORMA (Metamorfose do espectador no teatro español actual” [PID2019-104402RB-I00, 2020-2023], financiado cunha axuda do Ministerio de Ciencia e Innovación no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2017-2020)

III Seminario Permanente PERFORMA. 'Morrendo en compaña do outro: o teatro de Angélica Liddell'
III Seminario Permanente PERFORMA. 'Morrendo en compaña do outro: o teatro de Angélica Liddell'

Os vindeiros luns 3 e martes 4 de outubro, o Salón de Graos da Facultade de Filoloxía acollerá un seminario en torno á produción dramática de Angélica Liddell. Nel participarán investigadoras e investigadores procedentes da RESAD (Ana Contreras), así como das Universidades de Granada (María José Sánchez Montes e Mario de la Torre Espinosa), Santiago de Compostela (Anxo Abuín, Ana Bustelo, Katherine Loureiro, Xosé Nogueira, Cristina Tamanes, Sarah Vidal) e a Universidade de Vigo (Mónica Molanes), ademáis da performer Helena Salgueiro. A actividade, dirixida por Paulo Gatica e Gabriela Rivera, será impartida en modalidade presencial no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía con entrada libre ata encher aforo.

O Proxecto PERFORMA, adscrito á Area de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC, leva desenvolvendo dende hai seis anos unha intensa actividade investigadora no ámbito dos estudos teatrais e interartísticos. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.10.2022.