Ir o contido principal

Simposio en liña

III Simposio Internacional Aprendizaxe-Servizo na Universidade: Calidade e Empregabilidade

29.04.2021 | 10.00h

En liña

Organiza o grupo de investigación ESCULCA da USC

Cartel do evento
Cartel do evento

O grupo ESCULCA organiza o 'III Simposio Internacional de Aprendizaxe-Servizo na Universidade' o vindeiro 29 de abril.

Nesta edición se centrará en analizar os criterios de calidade nos proxectos de ApS, así como o impacto desta metodoloxía nas dinámicas de empregabilidade dos/as egresados/as nas universidades europeas.

O evento elebrarase en formato virtual, mais as prazas son limitadas, e serán asignadas por rigorosa orde de inscrición. O prazo para anotarse será do 13 ao 26 de abril.

Para máis información, contacta con ESCULCA no teléfono 881 813 890.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.04.2021.