Ir o contido principal

III TriviGal na Facultade de Veterinaria

19/03/2024 - 20.00 horas

A iniciativa lúdica promovida pola Comisión de Normalización Lingüística desenvolverase o martes 19 de marzo, ás 20.00 horas. A competición, estruturada en seis equipos, está aberta a toda a comunidade universitaria interesada

Cartaz da actividade
Cartaz da actividade

A Comisión de Xénero e a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria organiza o vindeiro martes 19 de marzo un TriviGal edición especial con motivo do 8M, incluíndo unha categoría temática sobre Feminismo.

A actividade lúdica, orientada á participación de toda a comunidade universitaria interesada, desenvolverase en ‘O recuncho’, tal e como se coñece o espazo situado ao carón da cafetería, no hall da Facultade de Veterinaria, a partir das 20.00 horas.
 
As persoas interesadas en tomar parte nesta actividade deben cumprimentar o formulario xa habilitado en liña, onde tamén poden atopar información respecto do desenvolvemento do xogo.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.03.2024.