Ir o contido principal

Presentación do informe

' Impacto da tecnoloxía na adolescencia en Galicia'

08.02.2022 | 17.00h-19.30h

Santiago de Compostela
Salón de actos

O profesor Antonio Rial Boubeta é o coordinador científico do estudo

Facultade de Psicoloxía da USC
Facultade de Psicoloxía da USC

A Facultade de Psicoloxía da USC acollerá o martes, 8 de febreiro, ás 17 horas a presentación do informe 'Impacto da Tecnoloxía na adolescencia en Galicia', un estudo de Unicef coa colaboración da Universidade de Santiago. 

O estudo baséase nunha consulta realizada a máis de 3.000 estudantes para analizar os efectos do uso das redes e os videoxogos na mociedade e ofrecer recomendacións para a prevención dos seus dereitos na contorna dixital. 

Pódese asistir de forma presencial ao evento previa inscrición. Tamén será emitido en streaming a través da canle YouTube de UNICEF.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.01.2022.