Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Os obxectivos deste curso da Universidade de Verán son entender os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 13, 14 e 15, centrando a atención nos impactos do cambio climático nas dimensións económica, social e medioambiental da Axenda 2030, así como avaliar o potencial dos ecosistemas terrestres e oceánicos para limitar ou amortecer os devanditos impactos.
Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 25 horas lectivas, abrangue do 14 ao 16 de xuño.
A USC recoñece a asistencia a (como mínimo) o 80% deste curso con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.
As prazas están limitadas 50 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 4 de xuño, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.