Ir o contido principal

Seminario

'A implementación da Axenda 2030 polos gobernos locais'

15.11.2022 | 18.00h-20.00h

Santiago de Compostela
Sala de Prensa

A Facultade de Dereito da USC acolle este seminario sobre a implementación da Axenda 2030 centrado no obxectivo de desenvolvemento sostible 5: a igualdade de xénero

Facultade de Dereito. Foto: Andrés Fraga
Facultade de Dereito. Foto: Andrés Fraga

O Observatorio Internacional da Regulación das Entidades do Sector Público  (OIRES), Innova Juntos e a Facultade de Dereito da USC promoven o Seminario 'A implementación da Axenda 2030 polos gobernos locais: en particular, o obxectivo de desenvolvemento sostible 5 (Igualdade de Xénero)', que se desenvolverá na Sala de Prensa do centro o martes, 15 de novembro ás 18.00 horas. 

Presidido pola decana da Facultade de Dereito, Ana Gude Fernández, e pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos González, o seminario contará coas intervencións de Tânia Ziulkoski, presidenta do Movimento de Mulheres Municipalistas; Natalia Prieto Viso, directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia; Elena Garrido, consultora xurídico da Confederaçao Nacional de Municípios; Gumersindo Guinarte Cabada, segundo tenente de alcalde do Concello de Santiago de Compostela; Ricardo Hermany, consultor xurídico e profesor na UNISC; María Cadaval Sampedro, directora da Cátedra Iberoamericana da USC; Isabel Celeste Monteiro Fonseca, integrante de AEDREL e profesora da UMinho; Luis Míguez Macho, director do Departamento de Dereito Público da USC; e Javier Ferreira, xerente da USC, quen será o encargado de pechar o evento. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2022.