18.12.2024 | 12.00h
Gustavo Pernas, con experiencia previa en compañías como Google, Facebook/Instagram, Pinterest ou Tik Tok, impartirá un relatorio na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo, o 18 de decembro, ás 12.00 horas.
Gustavo Pernas estudou na Universidade de Santiago de Compostela e despois realizou un ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, ademais dun MBA na Hult Bussiness School, en Londres. A charla que levará por título 'Importancia da innovación na empresa' terá lugar no Salón de Graos e enmárcase no ciclo de conferencias que o centro imparte sobre innovación, márketing e transformación dixital.