Ir o contido principal

Acto institucional

Imposición de insignias da Facultade de Xeografía e Historia ao persoal xubilado no centro no período 2020-2022

08.06.2022 | 13.00h-15.00h

Paraninfo
Santiago de Compostela

O reitor Antonio López presidirá esta homenaxe do centro ao persoal xubilado di centro

Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia
Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia

A Facultade de Xeografía e Historia homenaxea o persoal que rematou os seus servizos no centro nos anos 2020, 2021 e 2022 cun acto oficial no que o reitor fará imposición das insignias da Facultade. A cerimonia terá lugar o mércores 8 de xuño ás 13.00 horas no Paraninfo da USC.

Na mesa presidencial estarán tamén o decano da Facultade de Xeografía e Historia,  Marco Virgilio García Quintela; o director do Departamento de Xeografía, Rubén C. Lois González; o director do Departamento de Historia da Arte, Federico López Silvestre;  e o director do Departamento de Historia, Daniel Lanero Táboas. 

Na relación de persoas homenaxeadas atópanse catro docentes do Departamento de Historia da Arte: Enrique Fernandez Castiñeiras, José Manuel García Iglesias, Alfredo Vigo Trasancos e Carlos Villanueva Abelairas. A eles súmanse tres docentes do Departamento de Historia: Josefa Rey Castiñeiras, Pegerto Saavedra Fernández e Ramón Villares.  Finalmente, o profesor do Departamento de Xeografía, José Manuel López Andión e a integrante do Persoal de Administración e Servizos, M Carmen López Fandiño, completan a relación de persoas que recibirán a insignia. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2022.