Ir o contido principal

Inauguración do Bio Galicia Summit

03.03.2022 | 10.00h

Santiago de Compostela

Proxecto cofinanciado polo FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional 20214-2020: Unha maneira de facer Europa.

Inauguración do Bio Galicia Summit
Inauguración do Bio Galicia Summit

O xoves, día 3 de marzo, ás 10.00 horas, o Edificio Emprendia acollerá o acto inaugural do Bio Galicia Summit. O evento contará coa presenza do reitor da USC, Antonio López; do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; do Director Xeral da Fundación Incyde, Javier Collado; da directora xeral da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey; da Presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), Carme Pampín; e do director da Área da Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, José Luis Villaverde Acuña, que será o encargado de conducir o evento. 

O encontro BIO Galicia Summit presenta as últimas tendencias en biotecnoloxía aplicada á saúde e á agroalimentación nunha sesión en liña e gratuíta. Trátase dun evento de carácter internacional que busca fomentar as relacións comerciais e o desenvolvemento de negocio, situando a BioIncubaTech e as súas empresas incubadas no marco do contexto biotecnolóxico internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.03.2022.