Ir o contido principal

Semana da Ciencia na USC 2024

Inauguración da exposición ‘Flora galega ameazada’

07.11.2024 | 14.00h

Santiago de Compostela
Corredor principal

O alumno de mestrado Roberto Mourente Blanco explicará algunhas das especies vexetais ameazadas en Galicia nunha breve charla

Facultade de Bioloxía
Facultade de Bioloxía

Enmarcada no programa de actividades da ‘Semana da ciencia’, a Facultade de Bioloxía organiza unha exposición sobre a flora galega ameazada elaborada por alumnado do centro. O xoves 7 o alumno de mestrado Roberto Mourente Blanco inaugurará ás 14:00 horas a mostra cunha breve charla sobre algunhas das especies vexetais ameazadas en Galicia.  

A exposición, que forma parte das exposicións EUREKA subvencionadas pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, permanecerá aberta a todo o público ata o 29 de novembro no corredor principal da Facultade.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2024.