22/11/2022 - 13.00 horas
O vicerreitor Francisco Fraga, e a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, abren a mostra este martes, ás 13.00 horas, na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, inauguran este martes, ás 13.00 horas, nas dependencias da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a exposición ‘Ilustracións contra o machismo’.
A mostra, organizada desde a Área de Mullere do Concello de Lugo, está estruturada en diversos paneis que amosan imaxes de Feministra Ilustrada, a través da que se pretende facer visible as diferentes formas de violencia de xénero, ademais doutras situacións discriminatorias frecuentes.