Ir o contido principal

Inauguración da exposición 'Singulario, Dicionario Visual'

12.06.2025 | 19.00h
Facultade de Filoloxía. Foto: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. Foto: Santi Alvite

Alumnado do 1ºcurso do Ciclo Superior de Fotografía da EASD Mestre Mateo exporá a partir deste xoves 12 na Facultade de Filoloxía a súa exposición Singulario, Dicionario Visual. A inauguración terá lugar no día 12 de xuño ás 19.00 horas no vestíbulo do centro.

A mostra consiste nunha ilustración fotográfica de termos recollidos no dicionario da Real Academia Galega e que é resultado dun traballo proposto no módulo Proxectos 1, co que se busca profundar na aprendizaxe da linguaxe compositiva.

Con este soporte final, o dicionario visual, pretenden tender pontes entre a linguaxe visual e a escrita, creando unha única unidade significativa.

Cartel da mostra 'Singulario'
Cartel da mostra 'Singulario'
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.06.2025.