A mostra estará aberta ao público dende o día 11 de setembro ata o día 27 de outubro

A Igrexa da USC acollerá a exposición 'Rostros de ausencia', de Beatriz S. Saá, cuxa inauguración terá lugar o vindeiro 10 de setembro ás 20.00 horas. A inauguración contará coa participación da artista, Beatriz S.Saá; o comisario Alberton Carton; e Mar Lorenzo, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC.
Seguindo as normas preventivas da COVID-19 é necesaria a confirmación da asistencia á inauguración chamando aos teléfonos 881811018 ou 881811103 en horario de mañá.
A mostra estará aberta ao público dende o día 11 de setembro ata o día 27 de outubro, en horario de 17.00 a 20.30 horas, agás os días 12 de setembro e 13 de outubro, que permanecerá pechada por estar programado un concerto. 'Rostros de ausencia' está composta por vinte obras multidisciplinares que seguen a liña de investigación sobre o alzhéimer na que a autora leva traballando varios anos.
A exposición complétase con dous coloquios nos que participarán investigadores da USC e responsables das entidades galegas dedicadas ao alzhéimer, que terán lugar na segunda quincena de outubro.