Ir o contido principal

Acto institucional

Inauguración das rúas Elisa e Jimena Fernández de la Vega

30.11.2021 | 13.00h

Vías próximas á Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Novas rúas Jimena e Elisa Fernández de la Vega. Foto: Santi Alvite
Novas Jimena e Elisa Fernández de la Vega. Foto: Santi Alvite

A apertura das rúas Jimena e Elisa Fernández de la Vega representa a primeira actuación dentro do proxecto de creación da Cidade da Saúde. O reitor Antonio López inaugurará oficialmente estas dúas vías, a carón da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, este martes 30 ás 13.00 horas.

Está prevista a asistencia ademais do xerente Javier Ferreira, así como dos decanos e decanas das facultades de Ciencias da Saúde: Francisco Otero Espinar, de Farmacia; Julián Álvarez Escudero, de Medicina; Ana Isabel Silveira Rodríguez, de Enfermaría; Mª José Sampedro Vizcaya, de Psicoloxía; e Mª Jesús Giráldez Fernández, de Óptica; así como representantes da dirección e coordinación da obra e outros membros da comunidade universitaria.

Estas vías rodean os 12.000 metros cadrados edificables, onde está previsto que se sitúe o futuro complexo arquitectónico modular da Cidade da Saúde que albergará diversos espazos destinados á docencia e á investigación

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.11.2021.