Ir o contido principal

Inauguración dos XXXV Cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’

03.07.2025 | 12.30h

Santiago de Compostela

A inauguración dos cursos será en Filosofía. Foto: Santi Alvite
A inauguración dos cursos será en Filosofía. Foto: Santi Alvite

A trixésimo quinta edición dos Cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’ reunirá este mes de xullo en Santiago sesenta estudantes procedentes de máis dunha vintena de países de Europa, América e Asia. Organizada pola Real Academia Galega en colaboración co Instituto da Lingua Galega da USC, a cita inaugurarase o xoves 3 de xullo ás 12.30 horas na Facultade de Filosofía. O centro acollerá o groso dun calendario de tres semanas que inclúe, alén de clases teóricas e prácticas de galego, conferencias e obradoiros de música tradicional, entre outras propostas.

A académica María López-Sández e a secretaria do ILG, María Álvarez de la Granja, asumen a dirección e a secretaría desta nova edición, que se desenvolve co apoio económico da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia. O programa contará coa participación de alumnas e alumnos internacionais procedentes de Alemaña, Finlandia, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rusia, Suíza, Ucraína, A China, A India, Uzbekistán, A Arxentina, O Brasil, Colombia, Cuba, os Estados Unidos e México. Tamén formarán parte da nova promoción estudantes procedentes doutras comunidades autónomas de España.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2025.