A USC e o IGFAE colaboran co Cesga na organización da oitava edición desta conferencia internacional

Información Cuántica en España (ICE) é a conferencia da Rede de Información e Tecnoloxías Cuánticas en España (RITCE), REDE2018-102707-E, que brinda un lugar de encontro para a comunidade e o personal investigador do campo na contorna interncional, con énfase na visibilización do traballo de investigadoras e investigadores emerxentes.
ICE-8 cobre os aspectos máis relevantes do campo da ciencia e tecnoloxía da información cuántica: computación cuántica, comunicacións cuánticas, meteoroloxía e detección cuántica e outras tecnoloxías cuánticas, co obxectivo de unir academia e industria.
Entre as relatoras e relatores que participarán nesta oitava edición, organizada polo Cesga coa colaboración de USC e IGFAE, cóntanse Daniel Barredo (CSIC), Daniele Ottaviani (CINECA, Bologna). Dennis Schlippert (Leibniz University Hannover), Joaquín Fernández Rossier (INL, Braga), Menno Velhorst (QuTech, Delft), Sofía Vallecorsa (CERN, Geneva), Valerio Pruneri (ICFO, Barcelona), Vedran Djunko (University of Leiden)
Máis información, na web do evento.