Ir o contido principal

Inicio do período de matrícula nas prazas vacantes en mestrados da USC

Do 19 de agosto ao 16 de setembro

O prazo estará aberto ata o 16 de setembro ás 23.59 horas

O prazo esténdese ata o 16 de setembro. FOTO: Santi Alvite
O prazo esténdese ata o 16 de setembro. FOTO: Santi Alvite

O Servizo de Xestión Académica da USC acaba de publicar a listaxe de prazas vacantes para a matrícula en mestrados da USC no curso 2022-23. A relación inclúe 387 prazas dispoñibles para cursar estudos en 53 titulacións, ás que se suman outras dúas que contan con listaxes de agarda e que procederán con chamamentos individuais para esgotar as prazas dispoñibles.

O prazo de matrícula arranca o venres 19 de agosto ás 10.00 horas e esténdese ata o 16 de setembro ás 23.59 horas. As prazas iranse ocupando por estrita orde cronolóxica de formalización da matrícula a través da Secretaría Virtual da USC. O Servizo de Xestión Académica irá publicando listaxes actualizadas das vacantes existentes con periodicidade semanal. A primeira destas actualizacións terá lugar o mércores 24 de agosto ás 14.00 horas e estará dispoñible na páxina web do servizo.

En caso de ser necesario para ocupar a totalidade das prazas, poderá haber unha ampliación do período de matrícula entre o 21 de setembro e o 3 de outubro.

Calendario xeral de matrícula nos mestrados da USC
Calendario xeral de matrícula nos mestrados da USC
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.08.2022.