Ir o contido principal

Xornada

'Innovación e sustentabilidade na economía azul: emprendemento para un futuro máis azul'

08.06.2023 | 09.15h

Presentación de resultados do proxecto europeo FAN – BEST e das futuras actividades ao abeiro da iniciativa

Foto de arquivo do proxecto FAN-BEST
Foto de arquivo do proxecto FAN-BEST

A facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela acolle o xoves, 8 de xuño, ás 9.15 horas, a xornada 'Innovación e sustentabilidade na economía azul: emprendemento para un futuro máis azul',  un evento que servirá de presentación dos avances do proxecto europeo FAN – BEST, que lidera a USC, así como de divulgación das futuras actividades organizadas ao abeiro do proxecto. Ademais, no evento daranse a coñecer os finalistas e gañadores do concurso de proxectos e ideas innovadoras para o impulso da economía azul.

A xornada contará coa presenza de varias empresas que falarán do emprendemento como factor de innovación no sector da economía azul e tamén das aplicacións da intelixencia artificial. Entre elas, estarán representantes do CiTIUS da USC,  We Sustainability, AMS Lab, Porto Muíños, Bluscus Galicia Mariñeira, ERNACT-European Digital Network ou diferentes entidades de observación mariña.

A asistencia, presencial ou virtual, precisa de inscrición previa e debe ser realizada a través da páxina web do proxecto, onde ademais se pode afondar no coñecemento desta iniciativa financiada polo programa Interreg Atlantic Area e resultado dun consorcio internacional do que forman parte socios de España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda. Para máis detalle, pódese contactar co equipo responsable do proxecto no correo coach [at] fanbest.eu (coach[at]fanbest[dot]eu)

FAN-BEST

O proxecto FAN-BEST ten como obxectivo fomentar a transferencia de tecnoloxía ás PEMES no ámbito dos sectores da economía azul e a explotación dos recursos mariños mediante a creación dunha rede de entidades públicas e privadas centradas na captación de fondos que posibiliten a fase de inicio e ampliación. A USC coordina esta iniciativa transnacional que conta con financiamento de FEDER a través do Programa Interreg Espazo Atlántico.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2023.