13.10.2021 | 16.00h
Evento organizado polo grupo de investigación do proxecto 'Impacto da dixitalización e a intelixencia artificial na empresa e a sociedade: perspectivas xurídicas e económicas' e o Ministerio de Ciencia e Innovación

O Congreso Lationamericano 'Intelixencia artificial e economía dixital: desafíos xurídicos e económicos' terá lugar os vindeiros 13, 14 e 15 de outubro de 2021, de 16.00 horas a 21.00 horas. Será en liña para poder contar coa participación de estudantes, profesores e investigadores de todo o ámbito latinoamericano.
As inscricións son gratuítas e pódense realizar a través da páxina web do Congreso. Entregarase certificado de asistencia a quen asista a todas as sesións do Congreso.