Organizada polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS)

O Salón de Actos do CiTIUS acollerá o venres, día 1 de abril, ás 9.30 horas, a mesa redonda 'Intelixencia Artificial FIable e sector público: os novos servizos e as novas necesidades'.
Moderada por Luis Míguez Macho, profesor da Facultade de Dereito da USC, contará coas intervencións de Senén Barro Ameneiro (CiTIUS); Manuela Battaglini Manrique de Lara, de Transparent Internet; Ulises Cortés García, da Universitat Politècnica de Catalunya e Barcelona Supercomputing Center; Cristina García-Herrera, do Instituto de Estudios Fiscales e Univ. Complutense de Madrid; Dagmar Monett-Díaz, da Berlin School of Economics and Law.
Luís Míguez Macho e Alberto Bugarín Diz serán os encargados de presentar este evento ao que é posible asistir en liña a través de MS TEAMS.