Ir o contido principal

International Students Welcome Day

24.09.2022 | 12.00h-17.30h

Santiago de Compostela
Xardín

A Oficina de Captación Internacional da USC promove este evento para dar a benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico

Foto de arquivo do International Students Welcome Day do ano 2019
Foto de arquivo do International Students Welcome Day do ano 2019

A Universidade de Santiago de Compostela acolle cada ano a máis de 1.000 estudantes estranxeiros nas súas aulas. Por este motivo, e co obxectivo de dar visibilidade á importante labor de internacionalización da USC, a Oficina de Captación Internacional, adscrita ao Vicerreitorado de Titulacións e Internacionalización, organiza o sábado 24 de setembro no Xardín do Pazo de Fonseca, o International Students Welcome Day, un evento para dar a benvida ao alumnado internacional que estudará na USC este curso académico.

O programa do evento, que se celebrará entre as 12.00 e as 17.30 horas, contará con varias actividades encamiñadas a presentar a universidade compostelá ao novo alumnado, así como distintos aspectos da cultura galega. A xornada dará comezo cunha benvida institucional e a continuación organizaranse actividades de tipo lúdico como dinámicas de grupo para fomentar que o alumnado se coñeza entre sí. Servirase tamén un xantar con diferentes produtos típicos da gastronomía galega.

Asistirán sobre 300 estudantes internacionais procedentes de máis de 35 países.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.09.2022.