O investigador da Universidade de Murcia José Javier Ruiz Ibáñez imparte esta conferencia que se enmarca nos Ciclos Formativos do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921)

Os Ciclos Formativos do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) reanudan a súa actividade o xoves 7 de setembro cunha nova sesión de 11.30 a 13.30 horas baixo a coordinación do profesor Roberto J. López López (USC). Nesta ocasión, o doutor José Javier Ruiz Ibáñez (Universidade de Murcia) impartirá a conferencia'Interpretar a hexemonía hispánica máis alá das historiografías nacionais'.
A actividade terá lugar na sala de profesores da facultade de Xeografía e Historia e está aberta a toda a comunidade investigadora. As persoas participantes poderán obter un diploma acreditativo de asistencia.
