Ir o contido principal

Seminario

'Introdución á Computación Cuántica', impartido por Tomás Fernández Pena

31.05.2021 | 17.00h-19.00h

En liña

Evento organizado polo CiTIUS

Tomás Fernández Pena, investigador do CiTIUS
Tomás Fernández Pena, investigador do CiTIUS

O modelo de computación cuántica (QC) supón un cambio radical na forma na que desenvolvemos algoritmos. Grandes empresas como IBM, Google, Microsoft ou Alibaba, entre outras, están a investir grandes sumas no desenvolvemento de computadores cuánticos cada vez máis grandes e fiables. As grandes empresas e os gobernos ven á computación cuántica como unha das tecnoloxías disruptivas con maior potencial de crecemento e cada vez aparecen novos campos de aplicación.

Neste curso, que terá lugar os vindeiros 31 de maio e 2 de xuño, preténdese introducir os conceptos básicos da computación cuántica e os algoritmos máis clásicos dentro da QC para finalizar coa descrición de diferentes modelos de programación e algoritmos actuais, polo que non se precisan coñecementos de mecánica cuántica.

Os apuntamentos do curso, que terá lugar en liña, están dispoñibles como notebook en Gitlab.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.05.2021.