Ir o contido principal

Universidade de Verán 2021

'Introdución en sistemas de información xeográfica e cartografía co entorno R. 3ª edición'

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Cartografía. Fonte: Pixabay
Cartografía. Fonte: Pixabay

Os obxectivos deste curso da Universidade de Verán son a introdución no manexo do entorno R a través da interfaz gráfica 'RStudio', mostrando as diferentes formas de xestión, manipulación e visualización en R, así como a introdución na análise espacial, a visualización cartográfica e o traballo con arquivos raster e vectorial, así como os principais métodos de interpolación xeoestadística.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 29 horas lectivas, abrangue do 6 ao 9 de xullo.

A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.

As prazas están limitadas 25 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 25 de xuño, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.06.2021.