03.05.2024 | 12.00h

O reitor Antonio López preside este venres 3 de maio ás 12.00 horas o acto académico de investidura como doutores 'honoris causa' do profesor doutor Francesco Tonucci e da profesora doutora Claire Chenu. O acto institucional desenvolverase no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia.
Intervirán como madriña do profesor Francesco Tonucci a profesora doutora María Belén Caballo Villar, profesora titular de Teoría e Historia da Educación e como madriña da profesora Claire Chenu a profesora doutora María Teresa del Carmen Barral Silva, catedrática de Edafoloxía e Química Agrícola.