Ir o contido principal

Investidura de María Emilia Casas Baamonde como doutora honoris causa

03.12.2021 | 11.45h

O profesor da USC Javier Gárate Castro, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, intervirá como padriño

María Emilia Casas Baamonde. Foto: José María Miranda Boto
María Emilia Casas Baamonde. Foto: José María Miranda Boto

O Paraninfo da Universidade acollerá o 3 de decembro ás 11.45 horas o acto académico de investidura como doutora honoris causa da profesora María Emilia Casas Baamonde. 

Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social pola Universidade Complutense de Madrid, esta  maxistrada  galega foi a primeira muller á fronte do Tribunal Constitucional entre os anos 2004 e 2011. Ademais, formou parte da Comisión Xestora e Vicerreitora de Relacións Internacionais e Institucionais da Universidade Carlos III de Madrid,  do Consello do Instituto Internacional de Ciencias Políticas e do de Dereitos Humanos Bartolomé de las Casas. Foi tamén directora académica do Instituto Europeo de Relacións Industriais da Universidade Carlos III de Madrid e participou en numerosos grupos de expertas e expertas da UE.

O acto estará presidido polo reitor Antonio López, mentres que a secretaria xeral, Dulce García Mella, será a encargada de tomarlle xuramento á nova doutora. Tamén tomarán parte no acto Ernesto X. González Seoane, vicerreitor de Profesorado; Vicente Pérez Muñuzuri, vicerreitor de Investigación e Innovación; Mª José López Couso, vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional; e Carlos Aymerich Cano, secretario xeral da UDC.

A homenaxe está aberto á participación da comunidade universitaria. As confirmacións de asistencia deben ser remitidas antes do 26 de novembro ao correo electrónico reitor.secretaria [at] usc.gal (reitor[dot]secretaria[at]usc[dot]gal) 

O evento tamén poderá seguirse en liña a través da canle de Youtube da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.12.2021.