Ir o contido principal

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

Investigadoras contra os virus

11 de febreiro. De 11 a 13 e de 17 a 19 horas

Obradoiro infantil do Museo de Historia Natural da USC

Investigadoras contra os virus
Investigadoras contra os virus

Co gallo do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, o Museo de Historia Natural da USC organiza un obradoiro infantil que busca contribuír á creación de roles femininos nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía, visibilizar o traballo de cientificas galegas, pioneiras e actuais; e expor as dificultades que tiveron e poden ter as mulleres para progresar na contorna laboral e científica. 

Dirixido a rapazas e rapaces de entre 6 e 12 anos, o obradoiro afonda na comprensión da pandemia  a través do traballo dalgunhas das mulleres científicas máis relevantes da historia; aborda o tratamento dos virus e as maneiras nas que a ciencia pode contribuír a frear a pandemia; analiza o funcionamento das vacinas, a súa orixe e o papel das mulleres na súa descuberta; e mesmo inclúe unha recreación dunha infección con virus a unha célula humana. 

A inscrición ten un custo de 4 euros, e é preciso facer reserva previa para garantir a praza. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.02.2022.