Ir o contido principal

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

IV 'Chatea cunha Astrónoma'

18.02.2021 | 10.00h-22.00h

En liña a través da plataforma PureChat

Esta actividade está organizada pola Comisión Muller e Astronomía da Sociedade Española de Astronomía, e patrocinada pola Familia Varela López e pola plataforma PureChat

Cartel do evento
Cartel do evento

A profesora Josefina F. Ling da USC forma parte do equipo de 75 astrónomas que participarán na IV edición de 'Chatea cunha Astrónoma', que estarán dispoñibles para chatear sobre a súa investigación e experiencia como mulleres científicas, a carreira investigadora ou temas de astronomía en xeral. 

O obxectivo desta iniciativa é achegar a ciencia actual ao público xeral da man de protagonistas femininas, dando visibilidade á súa presencia e relevancia. A actividade proporciona unha plataforma directa e privada de conversación entre as astrofísicas profesionais e as persoas interesadas en falar con elas, e estará dispoñible o 18 de febreiro de 10.00 a 22.00 horas (horario da Península Ibérica).

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2021.