O congreso conta coa participación da Universidade de Santiago de Compostela, algúns departamentos desta institución así como grupos de investigación da mesma casa

Baixo o lema “Renovatio Ordinis”, o IV Congreso Internacional 'O Camiño do Medievalista' propón un encontro aberto a todas as disciplinas e ramas dos estudos medievais. O obxectivo é proporcionar aos mozos investigadores un foro que poida facilitar o intercambio de proxectos e ideas.
O evento deste ano, ao que podes anotarte ata o 6 de xullo nesta ligazón, celebrarase de forma semipresencial (presencial e telemática) os días 7, 8 e 9 de xullo.
Dende a páxina inicial da web do congreso será posible acceder á aula virtual de Microsoft Teams onde se vai desenvolver o encontro científico.