Ir o contido principal

Congreso

'IV Congreso Internacional da Cátedra do Camiño e das Peregrinacións. 21 Investigacións sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións para o Ano Santo 2021'

21.07.2021-22.07.2021 | 09.00h-20.00h

Cidade da Cultura de Galicia
Edificio CINC de Santiago de Compostela

Evento organizado pola Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións da USC e Turismo de Galicia

Cartel do evento
Cartel do evento

Co fin de poñer en valor a actividade científica, divulgadora e didáctica de persoas, entidades, institucións e universidades, galegas, nacionais e estranxeiras, involucradas no estudo do Camiño de Santiago e as Peregrinacións no Ano Santo do 2021, organízase ou 'IV Congreso Internacional da Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da Universidade de Santiago de Compostela. Vinte e un Investigacións sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións para o Ano Santo 2021'.

Este evento de alcance internacional é froito de celebrar conxuntamente a edición do IV seminario internacional anual da  catedra, e a edición do IV congreso anual da cátedra.

Durante dúas xornadas, abertas a estudantes e profesorado universitario, asociacións xacobeas, profesores de institutos, centros de investigación nacionais e internacionais, profesionais e axentes turísticos, e público interesado en xeral, expoñeranse os resultados de vinte e un  microproyectos de investigación, divulgación e pedagóxicos, multidisciplinares e vinculados ao Camiño de Santiago e a Peregrinación.

Estes proyectos foron concedidos pola cátedra a través de convocatoria pública do pasado mes de setembro, co apoio da Universidade de Santiago de Compostela, a  Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e a catedral de Santiago.

Os alumnos de graos da USC que queiran obter un crédito ECTS, ademais de asistir a todos os relatorios, deberán presentar á secretaria do congreso por escrito unha recensión crítica de polo menos tres dos relatorios presentados (de entre dous e cinco páxinas cada unha).

Consulta o programa completo nesta ligazón. A modalidade de asistencia presencial está limitada a 24 persoas, e ten un coste de 60€, 25€ para estudantes. A asistencia en liña ten un coste de 25€ para todo o mundo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.07.2021.