Ir o contido principal

'Crear para ensinar'

IV Xornadas Didácticas das Artes na Galicia de Hoxe

Promovidas polo grupo de investigación LITER21, o Instituto de Ciencias da Educación e a Facultade de Ciencias da Educación da USC

Cartel das xornadas
Cartel das xornadas

Os días 28 e 29 de setembro terán lugar na Facultade de Ciencias da Educación as IV Xornadas de didáctica das Artes na Galicia de hoxe: Crear para ensinar. Estas enmárcanse dentro do proxecto Interaccións Artísticas en Galicia 2023 impulsado pola Real Academia Galega de Belas Artes. As Xornadas propoñen un espazo de reflexión arredor das prácticas artísticas e a súa didáctica a través de conferencias, momentos de conversa e obradoiros. As xornadas son un espazo aberto e interdisciplinario, dirixido a docentes, artistas, estudantes e persoas interesadas na arte e a educación.  

O grupo de investigación LITER21 (Literatura galega, Literatura Infantil e xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas) da USC,  a Facultade de Ciencias da Educación e o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) organizan estas xornadas que se inscriben dentro dun proxecto que comezou no ano 2018 impulsado pola Real Academia Galega de Belas Artes e coa participación das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e os Conservatorios Superiores de Vigo e A Coruña.

A matrícula é de balde pero precisa inscripción previa no enderezo liter21 [at] usc.gal (liter21[at]usc[dot]gal)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.09.2023.