Ir o contido principal

Enfermaría. A Luz que ilumina o mundo

IV Xornadas da Enfermaría

07.06.2022-08.06.2022

Aula Magna Edificio Novoa Santos
Santiago de Compostela

Organizadas pola Facultade de Enfermaría e a Dirección de Enfermaría da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

Cartel das IV Xornadas de Enfermaría
Cartel das IV Xornadas de Enfermaría

O Edificio Docente Novoa Santos acollerá os días 7 e 8 de xuño as IV Xornadas da Enfermaría, un encontro que este ano retoma o carácter presencial e que busca dar visibilidade aos distintos ámbitos profesionais desta disciplina: docencia, investigación, xestión e traballo asistencial.

As Xornadas son organizadas conxuntamente pola Facultade de Enfermaría e a Dirección de Enfermaría da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

A mesa do día 8 incluirá un debate sobre o estado actual da profesión que contará coa participación de recoñecidas/os profesionais do ámbito, como Carmen Ferrer Arnedo; do Hospital Central de la Cruz Roja en Madrid; Isidoro Rodríguez Pérez, presidente da Academia de Enfermaría de Galicia e profesor da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo; Yolanda Moares Castiñeiras, subdirectora de Enfermaría da área sanitaria de Pontevedra e Salnés; e Luis Arantón Areosa, enfermeiro do Centro de saúde de Narón e profesor na UDC. A mesa será moderada por Mª Jesús Movilla Fernández, vicerreitora na UDC e profesora da Facultade de Enfermaría e Podoloxía de Ferrol.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.06.2022.