Esta actividade, que está aberta a toda a comunidade investigadora, forma parte dos ciclos formativos do Grupo de Investigación Historia Moderna da USC (GIHM)

O día 14 de outubro de 2022, no salón de actos da Facultade de Filosofía (USC), vanse celebras as VI Xornadas Internacionais Mulleres na Historia, coordinadas por Ofelia Rey Castelao e Ana M. Sixto Barcia, da USC. Nesta ocasión, o encontro científico organízase en torno ao tema 'Mulleres e relixións'. Esta actividade, que está aberta a toda a comunidade investigadora, forma parte dos ciclos formativos do GIHM.
Darase certificación de 10 horas ao estudantado do programa de doutoramento Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC, por acordo da CADP, de 27 de xullo de 2022. Tamén se entregará diploma de asistencia ao alumnado dos mestrados e de grados universitarios.
A inscrición gratuíta ata o 12 de outubro, ás 14 horas, vía e-mail a Antonio González López (antoniogonzalez.lopez [at] usc.es (antoniogonzalez[dot]lopez[at]usc[dot]es)). As persoas asistentes de fóra da USC deberán contactar co secretario para obter o enlace de acceso virtual.