Ir o contido principal

Simposio

IX Simposio da Asociación Española de Teoría de la Literatura (ASETEL)

07.10.2021 | 09.30h

Evento coordinado desde a área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada polos Anxo Abuín González, Paulo Antonio Gatica Cote e María do Cebreiro Rábade Villar

Imaxe do cartel da xornada
Imaxe do cartel da xornada

As actividades do IX Simposio de ASETEL tratarán do contaxio teórico-práctico entre a literatura e outros medios de comunicación, da idea de novidade que adoita aparecer en calquera interrogación sobre os new media máis alá do soporte analóxico ao dixital, da brevidade como espazo privilexiado para a xenología que nos obriga a cuestionar o aspecto "material" e pragmático do concepto de literatura, e do estado das investigacióms literarias e culturais baixo unha óptica global.

A Asociación española de teoría da literatura celebra cada dous anos un simposio internacional  no que se discuten aspectos relacionados coa disciplina dende un punto de vista institucional e científico. Nesta ocasión o tema elixido é 'Pensar os medios', porque a teoría da literatura pode considerarse un ámbito idóneo para abordar a intermedialidade dende unha perspectiva comparada. 

A novena edición do simposio terá lugar en Santiago de Compostela, aproveitando esas datas para realizar unha homenaxe a Darío Villanueva co gallo da súa xubilación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.10.2021.