Ir o contido principal

José Arnau Sierra, protagonista do primeiro ‘Diálogo con referentes’

31.01.2025 | 12.00h

Theatre room

José Arnau Sierra
José Arnau Sierra

O CiMUS estrea este venres 31 de xaneiro o seu ciclo ‘Diálogos con Referentes’ coa participación de José Arnau Sierra, membro do Corpo de Inspectores de Facenda en excedencia, vicepresidente executivo de Pontegadea Inversiones S.L. e vicepresidente do grupo Inditex S.A ademais de patrono fundador da Fundación Kærtor. O encontro será ás 12.00 horas no CiMUS.

A súa destacada traxectoria en liderado, orientación profesional e mentoría, así como a súa capacidade para adaptarse e abrirse aos cambios, convérteno nunha figura clave no seu campo. Contar coa súa perspectiva de primeira man e poder conversar con el será unha oportunidade enriquecedora, tanto pola súa visión sobre o liderado como pola súa vasta experiencia na contorna do emprendemento e a xestión.

Este diálogo resultará especialmente inspirador para aqueles que están a planificar o seu futuro profesional, así como para quen xa se atopan en carreiras consolidadas, pero seguen buscando oportunidades de crecemento e evolución.

Acompañarán a Armau Sierra o reitor da USC, Antonio López Díaz; o catedrático da UDC José Manuel Calderón Carrero; e a funcionaria do Corpo de Inspectores de Facenda Marta Fernández Currás. Moderarán a sesión os catedráticos da USC e investigadores principais do CiMUS Ángel Carracedo Álvarez e María Isabel Loza García.

Por cuestións de capacidade da sala, a organización agradece que quen desexe asistir se inscriba previamente a través do formulario https://forms.office.com/e/13MGtLup2i.

Cartel do evento
Cartel do evento
Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.01.2025.