Ir o contido principal

‘José Manuel Navia: Fotografía, fragmentos, documentos e ficción’

17/02/2024 - 16.30 horas

Casa do Saber (Lugo)

O fotógrafo contemporáneo José Manuel Navia participa o sábado 17 de febreiro, a partir das 16.30 horas, na Casa do Saber de Lugo, nun encontro aberto á participación do público interesado na fotografía promovido pola USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural. A inscrición é de balde e está aberta en cultura.lugo@usc.es

Lugo Cultural
Lugo Cultural

A área de Cultura da USC no Campus de Lugo promove o encontro ‘José Manuel Navia: Fotografía, fragmentos, documentos e ficción’, unha sesión promovida ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan con financiamento USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, que se desenvolverá o 17 de febreiro, a partir das 16.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo.

José Manuel Navia está considerado como un dos fotógrafos contemporáneos máis importantes do noso país e conta cunha ampla traxectoria e varios premios que recoñecen o seu labor. As persoas interesadas en tomar parte nesta sesión aberta e gratuíta, poden inscribirse ata o vindeiro 12 de febreiro a través dos teléfonos 982 821 513 ou do 982 821 511 e tamén do correo cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal).

 

Cartaz da sesión con José Manuel Navia
Cartaz da sesión con José Manuel Navia
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2024.