Ir o contido principal

Ciclo 'Conversas' de Alumni

José L. Martín Palacín, da Asociación Cuarto Mundo, falará sobre 'Cidadanía e transformación social'

17.01.2024 | 19.00h-21.00h

Santiago de Compostela
Seminario-Visionado 1

Neste nova sesión das 'Conversas' de Alumni USC, está prevista a participación do filósofo e analista político, José L. Martín Palacín

Exterior da Facultade de Ciencias da Comunicación
Exterior da Facultade de Ciencias da Comunicación

'Conversas' de Alumni USC terá como convidado o filósofo e analista político, José L. Martín Palacín, quen ademais preside o Movemento Internacional ATD Cuarto Mundo, unha asociación que aborda cuestións relaciondas coa marxinación e o despoboamento.

O tema da conferencia estará centrado nunha reflexión arredor da 'Cidadanía e transformación social'. A Xornada celebrarase a partir das 19.00 horas no Seminario-Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación e intervirá como moderador o coordinador do Servizo de Participación e Integración Universitaria, Javier Agrafojo.

Cartel da nova sesión do ciclo
Exterior da Facultade de Ciencias da Comunicación
Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.01.2024.