Evento organizado polo grupo de investigación HISTAGRA da USC

O vindeiro 28 de outubro Sergio Molina impartirá a conferencia 'Non a l´adhesion de l´Espagne: a agricultura española e as negociacións franco-españolas para a integración á CEE, 1977-1982' na Facultade de Xeografía e Historia da USC.
Os Seminarios de HISTAGRA son un punto de encontro para o debate colectivo entre estudantes, investigadores/as, especialistas, e en xeral, todas aquelas persoas interesadas nas liñas de investigación deste grupo e no traballo dos investigadores/as convidados a presentar proxectos en curso e novos resultados de investigación.
Inscrición en histagra [at] usc.es (histagra[at]usc[dot]es) até o mércores 27 de outubro.
A conferencia será emitida en liña a través da canle de TEAMS do grupo HISTAGRA.