Ir o contido principal

Universidade de Verán 2021

'Latex: escribindo e comunicando a ciencia'

Volta a Universidade de Verán tras ser suspendida en 2020, por primeira vez en máis de trinta anos, a causa da pandemia da COVID-19

Elaboración dun documento. Fonte: Pixabay
Elaboración dun documento. Fonte: Pixabay

Este curso da Universidade de Verán ten como obxectivo practicar a elaboración de documentos de calidade tipográfica profesional, como artigos, libros, traballos..., transcribindo textos de diferentes ramas de coñecemento (ciencias, humanidades, ensinanzas técnicas, etc.) e manexando gráficos na composición de materiais diversos, incluíndo a elaboración de presentacións.

Podes consultar o programa completo nesta ligazón. A duración desta acticvidade formativa, de 25 horas lectivas, abrangue do 26 ao 29 de xullo.

A USC recoñece a asistencia ao 80% deste curso (como mínimo) con dous créditos ECTS para o seu alumnado de grao.

As prazas están limitadas 49 por mor da situación sanitaria, e a matrícula, cuxo prazo remata o 16 de xullo, conta cunha taxa xeral e outra reducida para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.05.2021.