Ir o contido principal

Lección maxistral do profesor Rafael Martínez Castro titulada ‘Filosofía, universidade e cintas de vídeo’

17.10.2024 | 12.30h

Santiago de Compostela
Facultade de Filosofía

Con este acto a Facultade de Filosofía inaugura oficialmemte o curso 2024-2025

Filosofía inaugura así o presente curso acedémico. Foto: Santi Alvite
Filosofía inaugura así o presente curso acedémico. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Filosofía inaugura oficialmente o curso 2024-2025 este xoves 17 coa lección maxistral do profesor xubilado da USC e quen fora ademais decano do centro, Rafael Martínez Castro, titulada ‘Filosofía, universidade e cintas de vídeo’. Aberta a todo o público, a conferencia desenvolverase a partir das 12:30 no Salón de Actos da Facultade.

Rafael Martínez Castro, docente da área de Filosofía entre 1990 e 2023,  estudou entre 1970 e 1975 Ciencias Económicas e Empresariais na USC para logo cursar Filosofía, onde se doutorou cunha tese sobre o problema da superación da metafísica en Heidegger e Zubiri. 
 
A lección deste xoves será a de alguén que acaba de rematar 53 anos de vida académica, dende a etapa como estudante ata a de docente, que reflexionará acerca da noción mesma da filosofía, dos estudos e da concepción destes na universidade.

A disociación entre profesor de filosofía e filósofo e a crítica á noción de historia da filosofía, que alcanzan a Universidade e o status das Ciencias Sociais, serán cuestións a tratar neta lección maxistral que en esencia é unha crítica filosófica á noción mesma do ensino e aprendizaxe da filosofía.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2024.