Ir o contido principal

Ciclo de Conferencias 'Coñecemento e Cidadanía'

'Liberdade e pensamento: Virginia Woolf e a política de xénero en ''Un cuarto de seu'' (1929)'

11.04.2023 | 16.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

A profesora da USC Laura Lojo imparte o primeiro dos relatorios deste ciclo de conferencias promovido pola Facultade de Filosofía

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia

O Mestrado de Filosofía da USC promove o ciclo de conferencias 'Coñecemento e Cidadanía', que terá dúas sesións no mes de abril. A primeira delas desenvolverase o martes 11 da man da profesora da área de Filoloxía Inglesa da USC Laura Lojo, que impartirá o relatorio 'Liberdade e pensamento: Virginia Woolf e a política de xénero en Un cuarto de seu (1929)'

A sesión terá lugar ás 16.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 03.04.2023.