Evento organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filosofía

As xornadas 'A lingua galega e a filosofía’ abordarán como aumentar na actualidade o uso do idioma galego na creación filosófica e na docencia da Facultade.
A conferencia de Henrique Monteagudo sobre ‘As razóns do galego’ centrará a primeira xornada, o luns 12 de abril ás 9.30 horas.
O luns seguinte, o 19 de abril, á mesma hora, terá lugar unha táboa redonda sobre vocabulario filosófico moderada polo decano, Marcelino Agís, na que participarán Miguel Anxo Martínez Quintanar, profesor de Filosofía Moral e Política na Facultade de Formación do Profesorado e Ánxel González Fernández, profesor emérito de Filosofía da USC.
Ambas poderán seguirse a través de Zoom, e o alumnado de ‘Filosofía española e galega’ poderá ocupar o Salón de Actos da Facultade de Filosofía, onde se desenvolverán. A participación na actividade é de balde, pero cómpre inscribirse ata o 7 de abril. Outorgarase un diploma de asistencia por tres horas.