15.10.2021 | 15.30h
Evento organizado polo GI Discurso e Identidade, o Proxecto de investigación O Tropo Animal, e o Proxecto de investigación Interseccións, coa colaboración do Instituto de Dereito dos Animais da Asociación de Abogados de San Martín

A xornada 'Lob@s. Natureza-Cultura' terá lugar o día 15 de outubro a través da plataforma institucional Microsoft Teams. A actividade transcorrerá a partir das 15.30 horas con intervencións de especialistas dos ámbitos da Xeografía, a Ética, o Dereito, a Bioloxía e a Filoloxía para falar da figura do lobo na natureza e na cultura.
As persoas asistentes poden inscribirse a través do código QR do cartel ou a través da seguinte ligazón.