27.05.2021 | 17.00h
Evento organizado no marco da Rede ECOMAR (Avaliación e monitoreo de servizos ecosistémicos mariño-costeiros nos países de Iberoamérica)

O webinar 'Long-term and multilevel impact assessment of the 2015–2016 El Niño on a sandy beach of the southwestern Atlantic', impartido pola investigadora visitante Gabriela Jorge-Romero da Facultade de Ciencias da Universidad de la República de Uruguay, terá lugar o vindeiro 27 de maio.
O evento, que será impartido en inglés, está organizado no marco da Rede ECOMAR- Avaliación e monitoreo de servizos ecosistémicos mariño-costeiros nos países de Iberoamérica, e financiado polo programa CYTED.