Ir o contido principal

Congreso

'Os lugares do saber na Atenas democrática'

02.11.2021 | 08.30h

Evento financiado co apoio da Axencia Estatal de Investigación en colaboración coa Sociedade Española de Estudos Clásicos e do Ministerio de Ciencia e Innovación español

Cartel do evento
Cartel do evento

Do 2 ao 4 de novembro o Centro de Estudos Avanzados en Vista Alegre acollerá o congreso 'Os lugares do saber na Atenas democrática'. O evento, no que participará máis dunha vintena de especialistas procedentes de cinco países, será emitido a través de Microsoft Teams.

A xornada do día 2 comezará ás 8.30 co rexistro dos asistentes e unha sesión de apertura e, a continuación, terán lugar as dúas primeiras sesións do congreso, 'As institucións e o saber' e 'O saber na rúa'. O 3 de novembro comezará coa terceira sesión 'O saber na casa' e rematará coa cuarta, 'Os lugares do saber relixioso'. Por último, o catro de novembro terá lugar a derradeira sesión, 'Os lugares da filosofía'.

O evento está organizado por Marco V. García Quintela (SÍNCRISIS, Universidade de Santiago de Compostela), Étienne Helmer (Universidade de Puerto Rico), Arnaud Macé (Universidade de Franche-Comté) e Noémie Villacèque (Universidade de Reims Champagne).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.10.2021.