Ir o contido principal

Magosto

No evento repartiranse castañas asadas. FOTO: Pexels
No evento repartiranse castañas asadas. FOTO: Pexels

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC (EPSE) acolle un magosto o vindeiro 24 de outubro, a partir das 18.00 horas, organizado por estudantado de Enxeñaría Agrícola. A actividade que conta co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, servirá tamén de marco para a apertura da mostra ‘A castaña e a súa importancia en Galicia’. O evento no que se repartirán castañas asadas, estenderase ao longo da tarde-noite e estará amenizado coa música dun DJ. 

Cartel do magosto na EPSE
Cartel do magosto na EPSE
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2024.