Ir o contido principal

Malestares do século XXI. I Xornada compostelá de psicanálise lacaniana

20.06.2025 | 09.45h

Salón de Actos

Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Filosofía, a Escola Lacaniana de Psicoanálise (ELP) e a Rede Universitaria de Psicoanálise (RUE) organizan o 20 de xuño a xornada ‘Malestares do século XXI. I Xornada compostelana de psicanálise lacaniana’. A desenvolver no salón de actos da Facultade de Filosofía, no encontro estudarase o malestar psíquico nas sociedades contemporáneas dende a orientación da psicanálise lacaniana.

A xornada dará comezo ás 9.45 horas e nela participarán o profesor da Facultade de Filosofía Francisco Conde Soto e a psicanalista Rosa Vázquez Santos, ambos os dous organizadores; a psicóloga clínica na Fundación LAR Pro-Saúde Mental, Alejandra Boullón Gómez; a orientadora educativa María Victoria Fernández Mosquera; a psicóloga na Rede galega de atención temperá Cristal Seco Pozón, e os psicanalistas Lorena Fernández Mosquera e Manuel Fernández Blanco.

A temática a abordar versa sobre cuestións diversas que van dende o malestar psíquico na adolescencia ou na infancia ata a maternidade, pasando pola escola.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2025.